Vías de acceso aos programas:
Existen dúas vías de acceso aos programas:
1- Por derivación de outras asociacións ou servizos.
2- Contactando a nivel individual coa asociación chamando e concertando unha cita no telefono:
635-726-425
Antes de iniciar calquera tipo de intervención se concretará en ámbolos casos unha entrevista co/coa paciente na que se examinará a súa adecuación a cada un dos programas.
Tras esta entrevista o/a paciente recibirá unha resposta nun prazo non maior aos 5 días laborables, na que se lle indicará o programa ao que pode acceder así como o custe das sesións, se é o caso.
Documentación que terás que presentar
Para poder acceder ao programa o/a paciente deberá presentar documentación que acredite a súa condición. Esta pode ser:
- Informe dun/ha traballad@r social que especifique que o/a paciente se atopa baixo o limiar de pobreza ou que acredite que pertence a algún colectivo considerado vulnerable.
- Documentos que acrediten o cobro por parte do paciente dunha pensión non contributiva.
- Documentación que acredite o/a paciente como perceptor de algunha axuda tipo RISGA, AES ou similar.
- Declaración da renda.
Os menores de idade deberán presentar un documento firmado polo pai ou nai titor/a consentindo a intervención a máis dun dos documentos arriba citados.
