Achégate é unha asociación sen ánimo de lucro formada por psicólog@s que ofrecen un servizo de psicoloxía gratuíto para aquelas persoas con baixos recursos ou pertencentes a colectivos vulnerables que non poden acceder a un servizo privado.
- Segundo a OMS a saúde non é só a ausencia de enfermidade, tratase dun benestar completo do individuo; isto inclúe tamén , como non, a saúde mental. O sistema sanitario público, non pode asumir unha saúde mental axeitada para a maioría dos problemas menos graves pero máis frecuentes , polo que moitas persoas vense obrigadas a recorrer a servizos privados. A alta custe que isto supón non fai accesible a moitas persoas este importante complemento do benestar.
- Moitos dos problemas máis frecuentes en saúde mental teñen solucións que poden acadarse en moi poucas intervencións mellorando considerablemente o benestar e a calidade de vida das persoas. A custe destas intervencións pode ser excesivo para moita xente o non gozar de amplos recursos económicos.
Para por a asistencia psicolóxica a disposición das persoas menos favorecidas economicamente, crease a Asociación Achégate e o seu programa "Psicoloxía para tod@s" ; para por as ferramentas da psicoloxía ao servizo da mellora do benestar e a calidade de vida das persoas con baixos recursos.
- Avaliación psicolóxica.
- Tratamento ou derivación a outro especialista.
- Seguimento.
- Análise do problema común ó grupo.
- Intervención grupal.
- Avaliación.
- Seguimento.
- Interna: Actualizando de forma continua os coñecementos dos membros.
- Externa: Impartindo cursos e charlas.
- Facendo convenios con diferentes asociacións públicas ou privadas.
- Atendendo a demandas propostas polos diferentes servizos.
- A Asociación Achégate plantexa este obxectivo segundo o paradigma de acción-investigación.
A Asociación Achégate dispón de cinco psicólog@s formados en Psicoloxía Clínica, Psicoloxía Industrial e Criminoloxía, con ampla experiencia en intervencións.