- Segundo a OMS a saúde non é só a ausencia de enfermidade, tratase dun benestar completo do individuo; isto inclúe tamén, como non, a saúde mental. O sistema sanitario público, non pode asumir unha saúde mental axeitada para a maioría dos problemas menos graves pero máis frecuentes, polo que moitas persoas vense obrigadas a recorrer a servizos privados. A alta custe que isto supón non fai accesible a moitas persoas este importante complemento do benestar.
- Moitos dos problemas máis frecuentes en saúde mental teñen solucións que poden acadarse en moi poucas intervencións mellorando considerablemente o benestar e a calidade de vida das persoas. A custe destas intervencións pode ser excesivo para moita xente o non gozar de amplos recursos económicos.
Por todo isto, créanse dous programas:
"Psicoloxía para tod@s"
Programa gratuíto de asistencia psicolóxica para por as ferramentas da psicoloxía ao servizo da mellora do benestar e a calidade de vida das persoas menos favorecidas economicamente.
"Psicoloxía de baixo custe"
Programa de baixo custe para poder atender a todas aquelas personas que non entran dentro do programa gratuíto.
