Psicoloxía

achegate (14K)

Asociación Achégate

        Achégate é unha asociación sen ánimo de lucro que nace na comunidade galega por iniciativa dun grupo de psicólog@s formados en Psicoloxía Clínica, Psicoloxía Industrial e Criminoloxía, con ampla experiencia en intervencións que, tendo presente a gran dificultade que presentan determinados sectores da poboación para acceder a unha asistencia psicolóxica privada, crean un servizo de asistencia psicolóxica gratuíta ou de baixo custe orientado a aquelas persoas con baixos recursos económicos e/ou pertencentes a colectivos de especial vulnerabilidade social, que non poden acceder a un servizo privado.




Asociación sen ánimo de lucro.

Conta con profesionais do social e da saúde.

Habilita recursos e programas.

Emprega técnicas e procedementos investigados, validados, eficaces e eficientes.

Garante unha saúde mental de calidade aos sectores da poboación menos favorecidos.

A nivel individual e/ou grupal. Facendo talleres , charlas ou atención individualizada.

Tendo en conta múltiples enfoques e distintas perspectivas disciplinares.

Enfocada a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas.

               www.achegate.net                              Teléfono: 635 726 425                              achegate@achegate.net