Psicoloxía

achegate (14K)

Programa "Psicoloxía para tod@s"

¿Qué é Psicoloxía para tod@s?

         Psicoloxía para tod@s é un recurso da asociación Achégate que proporciona asistencia psicolóxica gratuita para as persoas que non tendo recursos económicos para pagar un servizo privado podan beneficiarse da intervención dun/dunha Psicólog@.






¿Quén pode acceder?


          Todas aquelas persoas maiores de idade ou menores con autorización dos pais ou titores que teñan ingresos por baixo do 50% da renda familiar media Galega.






¿Como saber se os meus ingresos son baixos?


         Según a IGE (Enquisa de condicións de vida das familias) para saber se un fogar está baixo o limiar da pobreza habría que aplicar a seguinte fórmula:


formula (10K)


         É dicir, que se cobras ao mes 1000€ (ingresos do fogar) e tes un fillo ao cargo, supoñendo que vivades sen ninguén máis (nº de membros do fogar = 2), entón: 1000/1.41 = 709; Como este número é menor que 825, terías dereito a asistencia psicolóxica gratuita.

               www.achegate.net                              Teléfono: 635 726 425                              achegate@achegate.net