É un recurso da asociación Achégate que proporciona asistencia psicolóxica gratuita para as persoas que non pudendo pagar un servizo privado puidesen beneficiarse da intervención dun/dunha Psicólog@.
- Mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas con menos recursos garantíndolles o acceso a unha saúde mental de calidade.
- Colaborar con diferentes asociacións e servizos mediante convenios de colaboración, derivacións, asesoramento e formación.
- Mediante a intervención dun/dunha psicólog@.
- En coordinación e colaboración con outras ONG´s e servizos públicos.
- Tratamento individual ou grupal segundo o caso.
Todas aquelas persoas maiores de idade ou menores con autorización dos pais ou titores que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Sexan receptores dalgunha pensión non contributiva
- Perciban algunha axuda tipo RISGA, AES ou similar...
- Pertenzan a colectivos de vulnerabilidade social
- Estean en tratamento de drogodependencias
- Teñan baixos ingresos
Según a IGE (Enquisa de condicións de vida das familias) para saber se un fogar está baixo o limiar da pobreza habría que aplicar a seguinte fórmula:
É dicir, que si cobras ao mes 1000€ (ingresos do fogar) e tes un fillo ao cargo, supoñendo que vivades sen ninguén máis (nº de membros do fogar = 2), entón: 1000/1.41 = 709; Como este número é menor que 825, terías dereito a asistencia psicolóxica gratuita.
Existen dúas vías de acceso ao programa:
1- Persoas derivadas de asociacións ou servizos que garantan o cumprimento dos requisitos de adecuación ao programa
2- Contactando a nivel individual coa asociación chamando e concertando unha cita no telefono
Antes de iniciar calquera tipo de intervención se concretará en ámbolos casos unha entrevista co/coa paciente na que se examinará a adecuación do/da paciente ao programa. Tras esta entrevista o/a paciente recibirá unha resposta nun prazo non maior aos 5 días laborables
Para pode acceder ao programa o/a paciente deberá presentar documentación que acredite a súa condición. Esta pode ser:
- Informe dun/ha traballad@r social que especifique que o/a paciente se atopa baixo o limiar de pobreza ou que acredite que pertence a algún colectivo considerado vulnerable.
- Documentos que acrediten o cobro por parte do paciente dunha pensión non contributiva.
- Documentación que acredite o/a paciente como perceptor de algunha axuda tipo RISGA, AES ou similar.
- Declaración da renda.
Os menores de idade deberán presentar un documento firmado polo pai ou nai titor/a consentindo a intervención a máis dun dos documentos arriba citados.
A asociación achégate opta por un traballo cooperativo coas diferentes asociacións e servizos polo que as intervencións se farán en espazos das asociacións coas que colabore (previo acordo) ou ben no domicilio particular do/da paciente.